lunes, 16 de junio de 2014

Grupos sanguíneos

Exísten catro  grupos sanguíneos: A,B,O ou AB.
O grupo sanguíneo está determinado polos xenes, é dicir, trátaase dun carácter hereditario. O seu tipo depende da ausencia ou presenza dos antíxenos A e B no sangue, e aexpresión destes está controlada por tres posibles alelos: o A,o B e o O. Os alelos A e B son codomineantes,e isto é,son dominantes por igual sobre o alelo O, que é recesivo.
Os glóbulos vermellos presentan na súa membrana celular unhas moléculas que se comportan como antíxenos cando entran en contacto co sangue doutro individuo. Así:
O grupo sanguíneo A débese á presenza do antíxeno A nos glóbulos vermellos do sangue.
O grupo sanguíneo B débese á presenza do antíxeno B nos glóbulos vermellos do sangue.
O grupo sanguíneo O caracterízase por non ter ningún dos antíxenos nos seus glóbulos vermellos.
Se unha persoaten o alelo A e o alelo B, o seu grupo sanguíneo será o AB, xa que ao ser ambos os dous dominantes, o seu fenotipo correspóndese co seu xenotipo (AB). Este é un exemplo de codominancia: non hai un alelo que domine sobre o outro.

 - Grupo sanguíneo           A               B             AB             O
 - Xenotipo               AA ou AO    BB ou BO   AB            OO
 - Anticorpo
 producido
no plasma             Anti-B            Anti-A        Nd             Anti-A/B

Cando se realiza unha transfusión de sangue,é imprescindible coñecer o grupo sanguíneo do paciente xa que se é incompatible os anticorpos actuarán de forma contraria os antíxenos. Esta reacción provoca a aparición de coágulos, a saída da hemoglobina dos globulos vermellos e, en ocasións, a morte.
A herdanza dos grupos sanguíneos emprégase para confirmar ou non a paternidade en casos de dúbida.


No hay comentarios:

Publicar un comentario